O luns abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán “Igual é +. Tui 2022”
Haberá tres quendas entre o 27 de xuño e o 30 de xullo. Vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
O próximo luns, 6 de xuño, abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán “Igual é + . Tui 2022” que organiza o concello de Tui a través das concellerías de Igualdade e Deportes. Vai dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Celebrarase en tres quendas, do 27 de xuño ao 1 de xullo , do 4 ao 15 de xullo, e do 18 ao 30 de xullo, de luns a venres de 9 a 14 h. Ofértase Aula matinal dende ás 7.45 h e Aula mediodía ata ás 15.15 h. O prezo da primeira quenda será de 15,28 €, e a segunda e terceira quenda terán un prezo de 30,56 € por quenda.
As persoas interesadas deberán presentar o impreso de solicitude e a documentación requirida até o luns 13 ben no rexistro de entrada na casa do concello ou na sede electrónica municipal. Pódense consultar as condicións e as condicións requiridas e descargar o impreso de solicitude en www.tui.gal.
Ofértanse 150 prazas por quenda, reservándose 20 prazas para casos de exclusión social. No caso de que o número de solicitudes presentada supere o número de prazas ofertadas aplicaranse os criterios de baremación, establecidos nas condicións dos campamentos, e no caso de empate aplicarase a orde de presentación da documentación.
No campamento “Igual é + Tui 2022” os nenos e nenas realizarán actividades nas que se traballará a igualdade, xogos deportivos, obradoiros de cociña, paseo en barco polo Miño, excursións a Valença no tren turístico, e coa Fada do Aloia, tamén haberá rutas polos Muíños do Tripes e polo Camiño de Santiago. Tamén realizarán actividades na piscina municipal e ioga infantil.
O Campamento de Verán forma parte do Programa Municipal de Conciliación que ten por obxectivo promover a conciliación da vida laboral, familiar e personal. Ao tempo busca fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes nos nenos e nenas que participen nas distintas quendas este verán.
ampamento de Verán Igual é + 2022 - Documentación - Cartel + Condicións + Documentación + Solicitude
Campamento Verano Igual é Máis Tui 2022 Documentación a presentar + solicitude