Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns ás 9.30 h realizaranse as probas de selección para o alumnado do curso de Venda de Produtos e Servizos Turísticos (Hotg0208)”

24/02/2023

O próximo luns, 27 de febrero, as 9.30 h terán lugar no Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei as probas de selección do alumnado para o curso “Venda De Produtos E Servizos Turísticos (Hotg0208)”.

Este curso está cofinanciado pola Xunta de Galicia – Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O número de prazas é de 14. As datas previstas de realización son do 8 de marzo ao 28 de setembro de 2023 en horario de 9:00 a 14:00 h.

Poderán participar nas probas de selección persoas traballadoras desempregadas inscritas na oficina do Servizo Público de Emprego, e ata o 30% con persoas traballadoras ocupadas cando as prazas non se cubran con persoas traballadoras desempregadas.

Requisitos mínimos de acceso son  Título de bacharelato ou Técnico de FP (grao medio); ou certificado de profesionalidade de nivel 3; ou certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área; ou acreditar ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou maiores de 45 anos; ou acreditar ter as competencias clave de nivel 2; e calquera nivel de cualificación de acceso a certificados de profesionalidade de nivel 3.

As persoas que desexen participar nas probas de selección deberán presentarse o luns ás 9.30 h no Centro de Formación co  DNI, a tarxeta de desemprego (de ser o caso) e a titulación requirida.