Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Grupo de Teatro Amador de Verdoejo – Valença representa “A Vida de San Teotonio”

24/09/2010

O GRUPO DE TEATRO AMADOR DE VERDOEJO – VALENÇA REPRESENTA “A VIDA DE SAN TEOTONIO”
O vindeiro martes 28 de setembro ás 21,00 h. no Teatro Municipal

O Grupo de Teatro Amador da Associaçao Cultural da freguesia de Verdoejo en Valença do Minho porá en escena o vindeiro martes 28 de setembro ás 21,00 horas no Teatro Municipal de Tui o espectáculo “A vida de San Teotónio” baixo a dirección do actor do grupo “Comédias do Minho”, Rui Mendoça, e con apoio da Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui.
Esta representación teatral levase adiante co gallo da presenza na sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui da mostra sobre “San Teotónio, primeiro santo portugués” dedicada a divulgación da vida deste tudense do século XII que foi canonizado como primeiro santo do nacente reino de Portugal. Unha mostra que pódese contemplar ata o vindeiro 8 de outubro.
Nesta peza teatral se mostrará un pouco da vida deste egrexio persoeiro, nado no lugar de Tardinhade, en Ganfei –xusto fronte á cidade de Tui-. Será amosada a súa infancia, as lendas existentes sobre a fonte de Torninho, á súa pasaxe sobre as augas do río Miño, e diversos anacos da súa prodixiosa vida.
Co nestas actividades dende os municipios tudense e valenciano promoven o coñecemento desta personalidade que compartía ambas condicións e que, andando os séculos, ficou esquecido na memoria das xentes de Tui. Par ao concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, e para o vereador do pelouro de cultura de Valença, Jose Monte, esta obra de teatro enmarcarse no obxectivo común de ambas cidades de afondar no mutuo coñecemento da súa historia en a cooperación conxunta que están artellando entre ambos entes locais.

 

Há coisas que nâo mudam co tempo?. Uma delas é a grandeza de carácter de S. Teotónio, o primeiro santo português e padroeiro de Valença. Quase mil anos despois, impressiona a vida preenchia deste homem. Homem sim!. É fácil atribuir poderes superiores aos que tanto se destacam docomun dos mortais. Mas ele nasceu a chorar como qualquer de nos. Podía ter cedido, escorregado, uma vez que fosse. Podia pedir uma segunda oportunidade, ninguém o recriminaria. Ninguém? A nâo ser talvez o própio. Dá que pensar: será a pureza do carácter como a do ferro: uma vez vergado jamais recupera a resistência original?. Seja como for, do tempo em que espadas forjaram esta nossa naçâo, chegou-nos a escrita dun anonymo monge, abalado pelo desaparecimiento dun homemm cuja vida santa em boa hora decidiu perdurar: “A vida de S. Teotónio” (Rui Mendoça)