Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O grupo de teatro afeccionado "Fiuncho" de Goián presenta este venres "O anel máxico"

25/10/2007

O grupo de teatro afeccionado Fiuncho presenta “O Anel Máxico”Esta obra, baseada no texto “Un xoguete para Goldini”,  foi adaptada por Cándido Pazó 

Mércores, 24 de outubro de 2007. O Teatro Municipal de Tui acolle este venres ás 21h a representación de “O Anel Máxico” a cargo do grupo de teatro afeccionado Fiuncho. As entradas poranse á venda ás 16.30h a un prezo de 2,5€, 2€ con desconto e 1,5€ os menores de 12 anos. A inclusión deste espectáculo na programación cultural deste semestre reflicte unha aposta polo teatro afeccionado da comarca, ao que se lle da entrada na programación estable que leva a cabo a Concellería de Cultura.    

Fiuncho Teatro con “O Anel MáxicoLugar: Teatro Municipal, r/Colón nº2 TuiData: Venres 26 de outubro  ás 21.00hPrezo: 2,5€ - 2€ con desconto e 1,5€ os menores de 12€Retirada de localidades dende ás 16.30hOrganiza: Concellería de Cultura de Tui