Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“O Florido Pensil” chega a Tui tras ser vista xa por 6 mil espectadores

2/11/2011

A obra reflicte coma era  educación na época franquista


Na cidade haberá dúas funcións o venres ás 21.30h e o sábado ás 22.30h

 

A moi bo ritmo vai a venda de entradas para a dobre función que esta fin de semana haberá en Tui de “O Florido Pensil” da man de Eme2 Produccións. A cita, no Teatro Municipal de Tui, será este venres ás 21.30h e o sábado ás 20.30h.

A obra, representada hai quince anos por Tanttaka en castelán, euskera e catalán, presenta agora a súa versión en galego baixo a dirección de Fernando Bernúes e Mireia Gabilondo, da compañía vasca. Sobre o escenario estarán cinco actores galegos que lle dan a súa propia impronta ao texto. Trátase de Xosé Manuel Olveira “Pico”, Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, Josito Porto e Alfonso Agra. Eles son os encargados de levar a escena unha obra coral que reflicte coma era a educación na época do franquismo.

Este espectáculo foi presentado esta mañá por Julio Perugorria de Eme2 produccións, Xose Manuel Olveira “Pico”, actor, Vanesa Rodríguez, concelleira de Cultura e Moisés Rodríguez, alcalde de Tui.

 

Xosé Manuel Olveira “Pico”  explicaba que “O Florido Pensil” retrata a educación da época franquista “ao través dos ollos de cinco nenos”, convertendo unha historia dura, ao través desa visión infantil, nunha historia tenra.

Apuntaba que tras un mes e vinte días de ensaios era un reto ver coma funcionaba esta obra en galego dun cachiño da nosa historia recente. O resultado o éxito de público que están a ter, e un espectáculo  no que a “xente non pode parar de rir”, sinalaba tamén que “a xente sorpréndese da vixencia que ten”. Por último apuntaba que é unha obra que crea público porque “hai moita xente que vaia o teatro por primeira vez e saen encantados e con gañas de volver”.

Julio Perugorría de Eme2 explicaba que levan xa 14 funcións da obra con 6 mil espectadores, sinalando que en moito lugares está quedando xente fóra. Amosouse moi contento co resultado que están a ter desta produción e aínda que agardaban unha boa acollida, recoñecía que non esperaban tanta.

Perugorría manifestaba que este é un espectáculo que “chega a xente e a xente o recoñece”. Engadía que os actores o pasan moi ben en escena, e tamén o público “que participa dende o primeiro momento e se recoñece na obra”. Apuntaba que “son moi satisfactorios os aplausos a un traballo ben feito, a un reparto ben elixido...”.

A edil de Cultura sinalaba que a obra está xerando gran expectación en Tui, o que se reflicte no bo número de entradas que van vendidas, restando menos de 150 para a función do venres, e algunha máis para a do sábado.  Precisamente ante o gran éxito que a representación está a ter noutros puntos en Tui, onde inicialmente estaba prevista só unha función, finalmente decidiron establecer unha segunda. Vanesa Rodríguez amosou amais a súa satisfacción pola boa acollida que esta ter e programación do segundo semestre do ano no Teatro, explicando que nos catro espectáculos xa celebrados houbo unha media de 354 espectadores.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, animou ao público a non perderse esta cita na que van estar no Teatro Municipal de Tui cinco dos mellores actores de Galicia. E vaticinaba que vai ser un éxito. Felicitaba amais á Concellería de Cultura por seguir unha liña de traballo, que recoñecía “é difícil manter”.

As entradas están á venda na web www.culturatui.info ao prezo de 8€ e 5€ ou no despacho de billetes o venres dende ás 20h e o sábado a partir das 19h.

 

Eme2 Produccións con “O Florido Pensil”

Data: Venres 4  ás 21.30h e sábado 5 ás 20.30h

Lugar: Teatro Municipal

Venda de entradas na web www.culturatui.info ou o día da función hora e media antes do comezo no despacho de billetes ao prezo de 8€  e 5€.

Dossier