Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O filme de animación "Bob Esponja: un heroe fóra da auga" proxectarase o venres ás 22:30 horas.

20/07/2016

Este venres, 22 de xullo, continúan as proxeccións de cinema infantil ao aire libre dentro do programa cultural do verán en Tui. Nesta ocasión é a quenda de “Bob Esponja: un heroe fóra da auga”, que se proxectará, de balde, a partir das 22:30 horas na Praza de San Fernando. 

Estreada en 2015, o filme producido por Nickelodeon Movies e Paramount Animation, mestura imaxes reais con animación dixital en 92 minutos de duración nos que Bob Esponja, Calamardo, Don Cangrexo e os seus amigos deberán recuperar a receita secreta das Cangreburgers roubada por un malévolo pirata nunha aventura que o levará fora do mar.


O filme, que recadou máis de 323 millóns de dólares, conta cunha puntuación de 62 sobre 100 no ranking “Metascore”, que recolleu as valoracións de 27 críticos profesionais. Unha puntuación que indica que a película conta, en xeral, con críticas favorables.

Debido a esta proxección de cinema ao aire libre a rúa Seixas permanecerá pechada ao tráfico, non permitíndose nin o estacionamento nin a circulación, dende ás 16h ata ás 2h