Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Festival Via Stellae presenta a Amandine Beyer e Gli Incogniti o sábado na igrexa de San Domingos

4/07/2008

O Festival Via Stellae presenta a Amandine Beyer e Gli Incogniti

Ofrecerán as composicións máis coñecidas de Vivaldi na Igrexa de Santo Domingo

Xoves, 3 de xullo de 2008. O III Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, Via Stellae, regresa de novo este ano a Tui con dous novos concertos que se van celebrar na Igrexa de Santo Domingo. Tui volve ter presenza destacada neste evento como punto de partida do Camiño Portugués a Santiago.

O primeiro dos concertos terá lugar este sábado, 5 de xullo, ás 21h, na Igrexa de Santo Domingo a cargo de Amandine Beyer e Gli Incogniti. Ofrecerán “O teatro do tempo: As catro estacións e outros Concertos de Vivaldi”.

A segunda cita musical será o sábado 12 ás 21h con Martín Oro e Mónica Pustilnik.

Estes dous concerto abre a súa vez a Programación de Verán que organiza a Concellería de Cultura de Tui, e que será presentada na súa integridade a finais da próxima semana.

Amandine Beyer e Gli Incogniti

A violista francesa Amandine Beyer logo de tocar cos máis prestixiosos grupos de música antiga decidiu crear o seu propio proxecto musical denominado Gli Incogniti. Afincada en Vigo dende hai uns anos, Amandine Beyer ofrece con este grupo a súa particular visión da música.

O concerto deste sábado está dedicado a Vilvadi que inclúe a súa obra máis famosas coma son “As catro estacións”. Precisamente esta obra xunto ao repertorio para violín deste compositor integrará o segundo disco do grupo que sairá á luz o próximo mes de setembro.

III Festival Via Stellae

Amandine Beyer & Gli Incogniti

Data: Sábado 5 de xullo ás 21h

Lugar: Igrexa de Santo Domingo

Entrada Libre até completar o aforamento.