Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas reunións cos veciños das parroquias de Tui

14/03/2019

Esta semana celebrarán xuntanzas en Pexegueiro e Guillarei

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades. Esta semana vanse reunir o venres, ás 20.30h na Casa Cultural de Pexegueiro, e o sábado, a mesma hora, na Casa Cultural de Guillarei.

Nas últimas semanas o equipo de goberno mantivo encontros cos veciños das parroquias de Malvas, Pazos de Reis, Areas, Paramos, Rebordáns, Ribadelouro, Caldelas e Randufe.

Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a estas xuntanzas para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto ao alcalde como aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.