Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O dúo de piano dedosd2 ofrece este xoves o concerto inaugural de curso no Conservatorio e na Escola de Música de Tui

8/10/2014

 

Martes, 7 de outubro de 2014. Este xoves, 9 de outubro, ás 20h a sala de audicións do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui acollerá o concerto inaugural do curso 2014-2015 destes dous centros de estudos musicais.

 

O concerto correrá a cargo do dúo de piano dedosd2 formado por Marta Blanco Pascual e Xoán M. Iglesias Losada.  O grupo constituído en 2011 cunha xira de concertos por Galicia os dous ao piano. Ao ano seguinte ampliaron a súa formación cos profesores Josep Colim e Imhre Rohman. O concerto de Tui é unha das actuacións que figuran no programa que teñen para este curso onde tamén achegarán a súa música a Monforte e León.

 

Neste concerto inaugural do curso no Conservatorio e na Escola de Música de Tui presentarán un programa de concerto integrado por obras de diferentes épocas e estilos compostas por Samuel Barber, Johannes Brhams, Wolfgang Amadeus Mozart e Francis Poulenc. A entrada será libre ata completar o aforamento.