Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O domingo 4 de abril no Teatro Municipal Festival Folclórico San Telmo

31/03/2010

Celébrase o domingo, 4 de abril, ás 18h no Teatro Municipal

Sete asociacións culturais tudense participan no Festival Folclórico Festas de San Telmo

 

 

Mércores, 31 de marzo de 2010. A Concellería de Cultura de Tui organiza o Festival Folclórico Festas de San Telmo que se vai celebrar este domingo, a partir das 18h, no Teatro Municipal. Sairán en desfile ás 17.30h dende a Praza de San Fernando.

 

Con esta actividade Cultura fai unha clara aposta polas agrupación locais brindando así unha boa mostra do noso folclore e cultura tradicional, segundo explica o responsable deste departamento, Moisés Rodríguez.

 

Participarán neste Festival os grupos folclóricos das Asociacións Culturais de Randufe, Paramos, Ribadelouro, Pexegueiro, Pazos de Reis, Areas e Rebordáns. Cada unha delas actuará dez minutos ofrecendo unha pequena mostra do seu repertorio para conformar así un espectáculo variado de danzas e cantos tradicionais.

 

A entrada o festival é libre.

 

 

Festival Folclórico Festas de San Telmo

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Domingo 4 de abril ás 18h

Entrada libre