O Consorcio do Louro realiza un chamamento ao consumo responsable da auga en Tui
23/07/2020
Dende o Consorcio de Augas do Louro realízase un chamamento a realizar un consumo responsable da auga en Tui. Expoñen que as elevadas temperaturas das últimas semanas dispararon o consumo de auga en Tui, rexistrando valores moi elevados de ata 110 litros por segundo nas horas punta, que poderían por en risco o abastecimiento á poboación si se rexistrase algunha avaría nas conduccións.
Por este motivo o Consorcio de Augas do Louro e o Concello de Tui realizan un chamamento ao uso responsable da agua, limitándoo ao estritamente necesario e restrinxindo os usos secundarios coma regos, baldeos ou enchido de piscinas.