Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio do Louro convoca o I Concurso de debuxo infantil “O ciclo da auga, unha aventura para valentes”

2/05/2016


O Consorcio de Augas do Louro vén de convocar o I Concurso de Debuxo Infantil “O ciclo da auga, unha aventura para valentes”. Vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria dos concellos de Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos.


Ata o 23 deste mes de maio os escolares deben debuxar, no papel oficial que o Consorcio proporciona, cómo a auga chega dende a natureza ata as súas casas empregando os diferentes elementos que forman parte do ciclo integral da auga.


Serán seleccionados seis debuxos por concello entre todos os presentados. Estes traballos serán colgados no Facebook o 30 deste mes onde os usuarios poden votar e elixir ao gañador  e a dous finalistas por cada concello.  O premio para os catro gañadores, un por concello, será unha tableta Samsung 7’’ e o premio para os oito finalistas,  dous por cada Concello, será unha cámara dixital acuática.

Bases - Papel de participación .