Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio de Augas do Louro realiza a segunda actuación de mellora na rede de abastecemento de Tui

10/05/2016


Mañá mércores o Consorcio de Augas do Louro continuará coa segunda actuación encamiñada a mellorar a calidade e a subministración de auga potable á poboación de Tui que finalizará coa instalación dunha nova redutora xeral de presión na rúa Colón.


As previsións son realizar cortes de auga entre as 10:00 e as 12:00 do mércores para asegurar o correcto funcionamento das válvulas de corte xerais, o cal podería provocar novos episodios de turbidez na rúa Colón e adxacentes.


Finalmente durante a madrugada do mércores ao xoves realizarase a instalación da nova redutora, minimizando así as molestias aos usuarios do servizo.