Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello felicita aos organizadores do Play doc polo éxito do festival con case 8000 asistentes

25/03/2009

A QUINTA EDICIÓN DO PLAYDOC CONSOLIDA A ESTE FESTIVAL, QUE LOGRA CASE 8000 ASISTENTES ÁS SÚAS ACTIVIDADES

O Concello felicita aos organizadores

 

A Concellería de Cultura do Concello de Tui quere amosar a súa felicitación pública aos organizadores da quinta edición do Festival Internacional de Documentais de Tui (Playdoc) celebrado a pasada semana na nosa cidade polo éxito acadado nesta nova edición.

Éxito da convocatoria máis de 600 películas enviadas ao festival de todos os puntos do planeta; éxito na selección das 31 películas presentadas nas proxeccións do festival e procedentes de países tan diversos como Xapón, Reino Unido, Eslovaquia, Irán, México, EE.UU, Lituania, Israel, China ou Polonia, e por suposto de Galicia, que este ano máis ca ningún outro, tivo unha ampla representación dentro do festival; éxito no número de espectadores que nunha nova edición ateigaron o Teatro Municipal de Tui chegando ata os case 6.000 espectadores ao longo das proxeccións, sen contar os participantes nos concerto ou os visitantes á exposición do artista iraniano Jamshid Aminfar o que permite falar de case 8.000 asistentes ás diversas actividades desenvolvidas ao abiero do Festival Internacional de Documentais de Tui na súa quinta edición.

Para o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, o Playdoc é xa unha referencia sentida con orgullo e satisfacción pola inmensa maioria dos veciños de Tui; este festival situa a nosa cidade no panorama da cultura contemporánea española, atrae ata Tui a numerosos visitantes ao longo dos cinco días de festival e consolidáse como unha cita anual chea de dinamismo e innovación

A Concellería de Cultura tudense que ven apoiando dende os inicios este festival amosou a súa decidida vontade de apoiar a este Festival en medios materiais, humanos e mesmo económicos (máis se cabe neste ano en que pola crise algun patrocinador privado retirou as súas achegas) e tentará incrementar no futuro este apoio e cooperación para que o festival continue progresando e medrando en interese e capacidade de convocatoria.

Rodríguez Pérez agradece ao todos os mozos e mozas tudenses que colaboraron no equipo de producción do festival o seu intenso traballo, realizado de xeito desinteresado a prol do festival e tamén a todo o público que de xeito tan masivo coa súa asistencia ás actividades do Playdoc evidencia a súa implicación con este proxecto cultural tudense.