Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello felicita ao Club Kayak Tudense por acadar o Campionato Galego de Piragüismo en Pista

10/07/2012

Felicitacións ao Club Kayak Tudense

 

Proclamouse Campión Galego de Piragüismo en Pista nas categorías Sénior, Júnior e Cadete

 

10 de xullo de 2012. O Club Kayak Tudense acadou a pasada fin de semana o Campionato Galego de Piragüismo en Pista, no encoro de Verducido, nas categorías Sénior, Júnior e Cadete, tras lograr un total de 26 medallas: 9 ouros, 11 pratas e 6 bronces.

 

Con un total de 2227 puntos, os padeeiros tudenses superaron ao Club de Piragüismo As Torres de Catoira (1668 puntos) e á Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra (1142 puntos), e demostran que están en perfecto estado de forma para afrontar o Campionato de España de Pista, que se celebrará os días 20, 21 e 22 no encoro de Trasona (Asturias).

 

Dende o Concello de Tui quérese felicitar ao Club Kayak Tudense, aos seus padeeiros, adestradores e a toda a directiva, polos éxitos acadados e deséxanlles moita sorte no próximo Campionato de España de Pista.