Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui súmase hoxe sábado á Hora do Planeta 2014

29/03/2014

O Concello de Tui súmase mañá sábado á Hora do Planeta 2014

Sábado, 29 de marzo de 2014.  A iluminación da Catedral de Tui permanecerá mañá hoxe sábado apagada entre as 20:30h e 21:30h en sinal de concienciación sobre o cambio climático que a ONG WWF promove coa campaña A Hora do Planeta 2014. Está é o segundo ano en que o Concello de Tui se suma a esta campaña.

Con este acto simbólico o Concello amosa o seu apoio á iniciativa da ONG e anima aos cidadáns a facer o mesmo nos seus fogares e contribuír, entre todos, a diminuír o impacto da actividade humana no noso medio ambiente.

A Hora do Planeta leva celebrándose desde hai 8 anos e, no 2013, máis de 7.000 cidades de 150 países de todo o mundo participaron neste compromiso de defensa do medio ambiente. Os monumentos máis emblemáticos das principais cidades apagaron as súas luces desaparecendo uns intres para dar total protagonismo ao ceo e a natureza. Así  o fará a Catedral de Santa María de Tui na noite de mañá.

O Concello de Tui súmase así, por segundo ano consecutivo, á campaña de mobilización de conciencias sobre o futuro do noso Planeta, que baixo o lema “os xestos simbólicos poden xerar grandes cambios “, busca outorgarlle a atención que a preservación do medio ambiente merece.

Cada ano a ONG WWF plantexa un desafío ás cidades, empresas, organizacións e cidadáns facendo fincapé este ano no uso eficiente da enerxía e na promoción do uso de enerxías limpas para acadar, desta maneira, reducir o nivel de emisións de CO2 do planeta.

WWF comezou coma un pequeno grupo de entusiastas comprometidos co medio ambiente hai 50 anos e hoxe converteuse nunha das organizacións de conservación da natureza máis importantes do mundo , presente en máis de 100 países e co apoio de máis de 5 millóns de persoas dos 6 continentes e con  accións tan sinxelas com A Hora do Planeta de mañá, conseguiu espallar a ilusión dun mundo máis xusto co noso hábitat.

O Concello de Tui fai un chamamento así aos cidadáns a sumarse mañá tamén a esta campaña apagando as luces de 20.30h a 21.30h.