Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui solicita a colaboración cidadá na limpeza dos frontes das súas parcelas ou muros

30/06/2016


O Concello de Tui solicita a colaboración cidadá na limpeza dos frontes das súas parcelas ou muros lindeiros coa vía pública. Así o expón nun bando o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, referíndose así ao artigo 7 da Ordenanza Municipal de Limpeza e Xestión de Residuos Sólidos Urbanos no que se recolle que “os propietarios de solares que linden coa vía pública deberán mantelos libres de residuos e en condicións de hixiene, seguridade e ornato”.


Tras comprobar a existencia no municipio de solares, parcelas, fincas e terreos nos que non se realiza unha limpeza periódica faise este chamamento á cidadanía xa que a acumulación de maleza pode afectar ao ornato público, ser susceptibles de prender lume ou de ser un foco de insectos ou roedores.