Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui realiza unha recepción mañá ao Kaiak Tudense logo dos éxitos acadados en campionatos nacionais e internacionais

18/05/2015

Mañá martes, 19 de maio, ás 12.00 horas, no Salón de sesións do Concello de Tui, terá lugar a recepción por parte do Concello de Tui ao Club Kayak Tudense, polos éxitos acadados polos seus padeeiros e padeeiras nos últimos campionatos nacionais e internacionais.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Antonio Castro, así como concelleiros do Concello de Tui.