Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui realiza este domingo a Ofrenda a Xesús Sacramentado coma delegado rexio do Antigo Reino de Galicia

28/06/2019

O Concello de Tui exerce este ano de delegado rexio na ofrenda a Xesús Sacramentado na Catedral de Tui en representación do Antigo Reino de Galicia. Neste 2019 cúmprense 350 anos da ofrenda a Xesús Sacramentado por parte do Antigo Reino de Galicia e que cada ano, de forma rotatoria é realizada por unha das sete capitais do antigo Reino de Galicia.  

O alcalde, Enrique Cabaleiro, desprazarase xa mañá ata Lugo para participar nos actos previos. Mentres o domingo será a corporación municipal xunto a 140 veciños e veciñas os que acudan para participar neste solemne acto. O Concello de Tui dispuxo tres autobuses gratuítos para a veciñanza que desexa acudir á ofrenda.  Tras a súa chegada a Lugo a comitiva desprazarase dende a casa do concello até a Catedral onde se celebrará a Eucaristía. No transcurso da mesma o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dará lectura á Ofrenda do Antigo Reino de Galicia. Ao remate da misa sairá a procesión que percorrerá as rúas Pío XII, Bo Xesús, Praza Santa María, Casas Nóvoa, Praza Maior, Casas Nóvoa, Bo Xesús e Pío XII, para regresar á Catedral.