Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui presenta este venres a Axenda Cultural de verán e outono

15/07/2015

 

Mércores, 15 de xullo de 2015. O Concello de Tui presenta este venres, día 17 de xullo, a Axenda Cultural con decenas de eventos para os meses de verán e tamén para a tempada de outono.

O acto de presentación terá lugar ás 11h. na Sala de Concelleiros do Concello de Tui. Contará coa presenza do alcalde da cidade, Enrique Cabaleiro, da concelleira de cultura, María José González, da directora do IKFEM, Andrea González, do membro da organización da Noite Internacional do Miño, Alfonso González, do director da Banda de Música Popular de Tui e co-organizador da XXIV Festival de Bandas de Música de Tui, Adolfo Besada e co director do Festival Música no Claustro da Catedral de Tui, Samuel Diz.