Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui organiza esta fin de semana o espectáculo NGLOB-ARTUI

2/09/2015

 

Música e arte visual protagonizarán a noite do domingo no Conxunto Histórico de Tui

Mércores, 2 de setembro de 2015. O Concello de Tui organiza esta fin de semana, concretamente este domingo día 6, a actividade NGLOB-ARTUI, que aglutina música e espectáculo audiovisual.

A partir das 21h. o grupo tudense Best Boy serán os encargados de subir ó escenario, no privilexiado entorno da Praza de San Fernando,  para presentar o seu primeiro traballo discográfico "Cross the border". O grupo de Ángel Sánchez e Lucas Fernández actuará por vez primeira diante do público de Tui, dende a estrea do seu novo disco.

A continuación, ás dez e media, comezará un espectáculo de vídeo mapping a cargo da empresa galega Qatro Gatos, que encherá de vida e imaxes a fachada da Catedral de Tui. O mapping consiste en proxectar imaxes, usando un edificio como pantalla. A imaxes xeradas só valen para esa construción, xa que se teñen en conta as formas. Primeiro faise un patrón, logo reconstrúese en 3D e logo xéranse as imaxes no ordenador.

O punto final desta xornada porao DJ Botz, acompañado de Flying Drums, GDJazz e Diana Tarín, que serán os encargados de encher de música o centro histórico de Tui, nunha actuación na que o DJ de orixe tudense mostrará unha vez máis o seu bo facer.

O Concello de Tui fai unha clara aposta pola música máis actual e as novas formas de arte visual, en contraste cun entorno clásico- histórico.

Diversos establecementos de hostalería que colaboran co evento terán instalados dende as nove da noite na Praza de San Fernando stands onde se poderán degustar pinchos.