Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui inviste 50 mil euros nos comedores escolares de Randufe e Caldelas

25/08/2022

Dous centros educativos de Tui o CEIP de Caldelas e o CEIP de Randufe estrearán no curso escolar 2022/23 que está a piques de comezar novas instalación para o comedor escolar. O Concello de Tui investiu durante este verán preto de 50 mil euros nestes centros para acondicionar os espazos precisos para poder ofertar este servizo que cada vez é máis demando polas familias.

A concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, explica que “con fondos propios levouse a cabo a reforma duns antigos vestiarios que estaban en desuso para crear estes novos espazos”. A actuación contemplou dende a instalación de falsos teitos, luminarias, renovación da carpinte iría de aluminio así coma a instalación de módulos de cocina. A actuación realizouse seguindo a normativa que regula os comedores escolares.  Sonsoles Vicente conclúe que esta era “unha reforma moi necesaria para estes dous centros educativos situados nas parroquias e que estaba a ser demandada polas familias”.

Estas obras forman parte do conxunto de actuacións que durante as vacacións escolares o concello de Tui está a executar con fondos propios para o mantemento ou reforma dos distintos centros educativos situados tanto no centro urbano coma nas distintas parroquias.