Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui instalará unha gran pantalla na Corredoira para seguir a final da Eurocopa

11/07/2024

Dende ás 20 h a emoción do fútbol encherá este céntrico paseo tudense

O Paseo da Corredoira vibrará este domingo coa final da Eurocopa entre España e Inglaterra. O Concello de Tui instalará unha pantalla de grandes dimensións, 3x6 metros con tecnoloxía led, nas inmediacións da Oficina Municipal de Turismo, para poder seguir este histórico partido.

Dende as 20 h estará operativa a pantalla para poder seguir os minutos previos ao encontro no que España buscará lograr o seu  cuarto Campionato de Europa.  Serán instaladas 200 cadeiras para poder seguir comodamente o partido, nun espazo no que hai cabida para moitas máis persoas, todos e todas os que desexen vivir na rúa toda a emoción desta final.

O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, convida á cidadanía a achegarse o domingo até a Corredoira e vivir toda a emoción do fútbol neste céntrico paseo.