Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui informa do cambio de departamento de Atención ó Consumidor

1/10/2015

 

Xoves, 1 de outubro de 2015. O Concello de Tui comunica que a partir de hoxe día 1 de outubro, a oficina de Atención ó Consumidor estará ubicada na planta baixa do Consistorio.

Concretamente o departamento de Atención ó Consumidor estará nas oficinas onde se localizan os servizos de Educación Familiar e Drogodependencias, e será atendido polo persoal adscrito a eses servizos.

O departamento de Atención ó Consumidor atende as dúbidas, queixas e reclamacións dos veciños do concello referidas a temas de consumo