Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui homenaxea ao poeta irlandés Danny Sheehy falecido no Miño cando realizaba o Camiño de Santiago

7/06/2018

O acto terá lugar mañá venres, ás 19h, nas instalación do Club Náutico, e contará coa presenza da súa viuva e do consul honorario de Irlanda en Ferrol

O Concello de Tui vai realizar mañá venres, 8 de xuño, unha homenaxe ao poeta irlandés Danny Sheehy falecido, en xuño do ano pasado, na desembocadura do río Miño cando nunha embarcación tradicional se dirixía cara Tui estando a realizar o Camiño de Santiago.  

O acto terá lugar ás 19h nas instalacións do Club Náutico San Telmo, na baixada ao Embarcadoiro, e consistirá no descubrimento dunha placa conmemorativa. Amais do alcalde e membros da corporación municipal a homenaxe contará coa presenza da viúva do poeta, Mary Sheeny, e do cónsul honorario de Irlanda en Ferrol, Tomás Antón Díaz del Río. Oito membros da Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei interpretarán unha peza celta e outra galega.

Ao acto fóra convidada tamén a embaixadora de Irlanda en Madrid, Sile Maguire, quen non poderá estar no acto deste venres, segundo expuxo nunha carta dirixida ao alcalde na que aproveita para expresar as súas condolencias tras a explosión do pasado 23 de maio en Paramos.