Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui felicita ao Club Kayak Tudense, novo Campión de España de Inverno, e a Uxía Pérez Bugarín Subcampiona de España Cadete de Pista Cuberta

19/03/2012

O Kayak revalida o título por sexto ano consecutivo e a Atleta do Club Atletismo Tui - Thermalia acadou a medalla de prata na proba dos 3.000 metros

 

O Concello de Tui quere felicitar ao Club Kayak Tudense polo Campionato de España de Inverno en Pista, acadado o pasado fin de semana en Sevilla.

 

Os padeeiros tudenses acadaron este campionato por máis de 150 puntos de ventaxe sobre o Náutico de Sevilla e o Club Escuela de Piragüismo de Aranjuez.

 

Tamén nesta fin de semana a atleta Uxía Pérez Bugarín acadou o Subcampionato de España Cadete de atletismo en pista cuberta, na proba dos 3.000 metros, no campionato celebrado o pasado fin de semana en Oviedo.

 

A atleta do Club Atletismo Tui-Thermalia mellorou a súa marca persoal logrando os 10’23’’15 que servíronlle para acadar a medalla de prata.

 

Dende o Concello de Tui quérese felicitar a Uxía por este éxito e ao Club Atletismo Tui – Thermalia polo bo traballo que esta realizando nas instalacións deportivas da Macoca, asi como a Club Kayak Tudense, e a todos os padeeiros participantes, por este novo Campionato de España que enriquece o seu espléndido palmarés.