Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui fai públicas as bases de bolsas para ensinanzas musicais no Conservatorio

21/10/2015

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 13 de novembro

Mércores, 21 de outubro de 2015. O Concello de Tui ven de publicar as bases, o modelo de declaración responsable e a solicitude das bolsas para ensinanzas musicais no Conservatorio para este curso 2015-2016.

O Concello de Tui realiza, dende fai anos, o programa de axudas municipais para ensinanzas musicais, como medio para axudar a algunhas familias do termo municipal con baixo nivel de ingresos, mediante a concesión de bolsas en réxime de concorrencia competitiva.

Ditas bolsas de estudo estarán dispoñibles para alumnos/as do Conservatorio grao medio e Escola de Musica curso 2015-2016 que estean empadroados en Tui ó igual que os seus proxenitores, ademais de ter unha renda que non supere 3 veces o IPREM (22.365,42 €). Así, outros requisitos son: non ser beneficiario/a doutras entidades ou organismos públicos ou privados de axudas por este concepto; e non superar o límite de axudas establecido e ter o curso completo aprobado (referido ao período lectivo 2014-2015), agás para os que inicien os estudios este período lectivo, os cales deberán estar matriculados na totalidade de materias correspondentes ó primeiro ano.

Os interesados deberán presentar ata o 13 de novembro a solicitude, en modelo oficial, no rexistro xeral do Concello de Tui, unha fotocopia do DNI ou NIE e todos os datos económicos solicitados refírense ó exercicio económico 2014.

O texto íntegro das bases está dispoñible no Taboleiro de Anuncios do Concello, así como na súa páxina web (http://www.concellotui.org/) e no Taboleiro principal da Escola Municipal de Música polo prazo de 20 días dende a data de aprobación da presente convocatoria. Asemade os mestres de ensinanzas musicais do Concello encargaranse de darlle a publicidade necesaria para que tódolos alumnos/as teñan coñecemento da presente convocatoria.

Becas Bases
Becas Modelo de Solicitude
Becas Modelo de Declaración Responsable