Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui está a executar a renovación do pavimento de madeira exterior do Centro Interfederado de Remo e Piragüismo

8/12/2023

A obra supón un investimento de 50 mil euros dos que 40 son aportados pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Concello de Tui de Tui está a executar a obra de renovación do pavimento de madeira exterior do Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui. A madeira existente foise deteriorando co paso dos anos o que supuña un risco para a seguridade, polo que se vai proceder a súa substitución por pavimento de madeira técnica.

A obra foi adxudicada á empresa Ronautica Quality Marinas, S.L.U. e suporá un investimento de 50.348,84 euros dos que 40.279,08 euros son aportados pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes aporta e 40.279,08 euros dentro da liña de subvencións plurianuais que convoca este departamento de Xunta de Galicia a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. 

Deste xeito este espazo no exterior do edificio Centro Interfederado de Remo e Piragüismo, situado na rúa Olímpicos Tudenses, poderá volver a utilizarse tras a conclusión da obra nas axeitadas condicións.