Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui entrega a catro clubs tudenses o material subvencionado pola Deputación de Pontevedra

7/06/2016


O concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, entregou o material subvencionado aos catro clubs tudenses que o solicitaron no seu día á Deputación de Pontevedra.


Así  o Club Deportivo Ribadelouro, o Club Deportivo Caldelas, A Quinta de Tui Fútbol Sala e a Escudería Doña Urraca, recibiron diferentes materiais: balóns, esteras, picas, conos, bandas elásticas, etc.


O Concello de Tui agradece á Deputación de Pontevedra o apoio brindado aos clubs deportivos da provincia, neste caso co aporte de material deportivo necesario para o desenvolvemento da súa actividade. Anima a todos os clubs a seguir solicitando estas axudas nos próximos anos.