Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui e a Eurocidade organizan este domingo a Andaina Ciclópea

24/07/2015

Venres, 24 de xullo de 2015. O Concello de Tui e a Eurocidade Tui-Valença organizan este domingo día 26 de xullo, ás 10h. a Andaina Ciclópea.

O percorrido iniciarase dende o Parque Natural do Monte Aloia, concretamente o punto de partida está no aparcadoiro da Casa Forestal. Trátase dunha pequena rota, de seis quilómetros, con grao de dificultade fácil e cunha duración aproximada de dúas horas e cuarto.

Nesta andaina, denominada paisaxística-cultural, poderanse ver lugares de singular beleza do noso municipio.