Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença presentan hoxe a súa oferta en Expogalaecia e mañá o seu Turismo Activo

31/10/2011

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença participan dende o sábado 29 de outubro e ata mañá martes 1 de novembro en “ExpoGalaecia 2011 Salón de Turismo, Gastronomía y Artesanía de Galicia y Norte de Portugal” cun amplo programa de actividades nun stand institucional que leva o nome de “Eurocidade Tui – Valença”. 

O pasado sábado sábado o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o Vereador de Turismo de Valença, Jose Monte, asistían á apertura deste stand para resaltar esta colaboración entre ambos municipios pois é  a primeira oportunidade en que ambas cidades asistan conxuntamente a unha feira de turismo e os rexedores de ambas localidades afirmaron que comeza así unha positiva colaboración entre ambos municipios que entende que o traballo conxunto é o camiño de futuro para ambas cidades. Esta feira que acada a súa 14 edición terá lugar no Ifevi, Instituto Feiral de Vigo. 

Hoxe lúns ás 16,00 horas os responsables de turismo do Concello de Tui, a concelleira Raquel Lorenzo Pimentel, e o vereador da Cámara de Valença, José Monte, presentarán os principais recursos e ofertas que en materia de turismo posúen ambas localidades.

Mañá martes 1 de novembro, ás 16,00 horas presentación das empresas de turismo activo de Tui e Valença.

Nestas xornadas do luns e martes amais haberá ás 19,00 horas sorteos de regalos entre os visitantes ao stand da eurocidade Tui – Valença no que colaboran diversos establecementos turísticos de ambas localidades.

Para a concelleira de turismo do Concello de Tui, Raquel Lorenzo Pimentel, a participación resulta de grande interese pois ao longo destas dúas primeiras xornadas da feira son máis de dez mil as persoas que teñen visitado o stand da eurocidade Tui – Valença, salientando especialmente o numeroso grupo de visitantes á feira que se achegaron onte á tarde para participar nas degustacións gastronómicas ofertadas por ambos municipios.

A concelleira tudense sinala que Tui e Valença presentan nesta feira un patrimonio cultural complementario, unha paisaxe natural extraordinaria, una amplo abanos de servizos culturais e turísticos, numerosos establecementos comerciais e turísticos de calidade... Estas son algunhas das principais fortalezas da oferta turística de ambos municipios e que agora amosan neste stand na feira de turismo “Expogalaecia” 2011 que coas maquetas de José Martinez Clotet, cedidas por Alejandro Pardo, converten a este stand nun dos máis visitados desta feira.