O Concello de Tui destina 43 mil euros a subvencións a asociacións musicais e bandas de gaitas
As solicitudes poden presentarse dende hoxe venres e até o 18 de setembro
Dende hoxe venres, 4 de setembro, e até o venres 18 deste mes ás 23.59 h, está aberto o prazo para que as asociacións musicais e bandas de gaitas tudenses presenten a súa solicitude á convocatoria de subvencións para a realización de actividades e gastos de funcionamento neste ano 2026.
Poderán optar a estas subvencións as asociacións musicais ou bandas de gaitas que realicen actividades de índole musical existentes no Concello de Tui que cumpran tanto os requisitos xerais como os específicos da convocatoria.
O importe da consignación ascende a un total de 43.000,00 €. A subvención concedida a cada agrupación non poderá superar os 15.000,00 € nin o 80% do proxecto ou gastos subvencionables.
As bases completas destas convocatorias poden consultarse na sede electrónica do concello de Tui, na web municipal en tui.gal, e o extracto no BOPPO de onte xoves, 3 de setembro. As solicitudes poden presentarse dende hoxe venres e até o 18 de setembro.
- Convocatoria subvencións para a realización de actividades e gastos de funcionamento de asociacións musicais e bandas de gaitas
- Anexo I Bandas
- Anexo II Bandas
- Anexo III Bandas
- Anexo IV Bandas





