Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui convoca o proceso para a contratación temporal de sete persoas

7/04/2016


Trátase de 4 auxiliares da policía local, un operario de mantemento electricista, un encargado de redes e aplicacións informáticas e  un guía turístico.


 


O Concello de Tui ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder ao proceso selectivo para a contratación de sete persoas. En concreto procederase á contratación de 4 auxiliares da policía local, un operario de mantemento electricista, un encargado de redes e aplicacións informáticas e  un guía turístico,


Os 4 auxiliares de policía local serán contratados por período de  4 meses, o operario de mantemento electricista que será contratado durante un período de 6 meses, e 12 meses de duración terá o contrato do encargado de redes e aplicacións informáticas . Os interesados en acceder a estes procesos selectivos teñen ata o próximo xoves, 14 de abril, para presentar as súas solicitudes no Rexistro de Entrada na casa do concello.


Mentres o guía turístico será contratado a tempo parcial por un período de 6 meses. Neste caso o prazo para a presentación de solicitudes remata venres xoves 8 de abril.


As bases completas destas convocatorias poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui ou na web www.concellotui.org. As instancias poden presentarse no Rexistro de Entrada do Concello de Tui.