Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui continua a executar obras de mellora nas instalación deportivas municipais

28/10/2020

Contar coas instalacións deportivas municipais en perfecto estado é o obxectivo das diversas obras que están a ser executadas polo Concello de Tui nestas dependencias municipais.

Hai uns días remataron os traballos de arranxo da parte frontal do muro perimetral do Campo de Fútbol de Ribadelouro. Supuxeron un investimento de 11.838€ IVE incluído. Con esta actuación deuse solución ao problema de deterioro que presentaba o muro e que por seguridade, previa á execución das obras, estaba valado. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, achegáronse hai uns días ao campo para comprobar o remate das obras.

Por outra parte os dous pavillóns municipais están tamén en obras. No Novo Pavillón está a realizar o pintado interior con fondos propios. Unha actuación que se suma á instalación dunha lona divisoria, renovación da cancha e revestimento de corredores de vestiarios executada con cargo ao Plan Concello. Tamén con cargo a este plan provincial estase a executar a reformar dos vestiarios e aseos no Pavillón Vello Municipal.

En breve está previsto que comecen as obras de mellora no Centro Municipal de Remo con cargo ao Plan Concellos, e con fondos propios pintarase o ximnasio do Centro Interfederado.

Amais antes de que finalice o ano será colocado un novo desfibrilador no Campo Municipal de Fútbol en Guillarei. Deste xeito serán sete as instalacións deportivas municipais que conten con este dispositivo, o novo pavillón municipal, o pavillón da Macoca, o Centro Interfederado e os campos de fútbol Álvarez Durán, de Ribadelouro e Caldelas, que dan  cobertura a un total de 10 instalacións.