Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui conmemora este venres e sábado o CXX aniversario dos Xogos Florais de Galicia

20/06/2011

O CONCELLO DE TUI CONMEMORARÁ O CXX ANIVERSARIO DOS XOGOS FLORAIS DE GALICIA

 

O programa abangue un recital poético o vindeiro venres 24 e o banquete co mesmo menú que en 1891 a celebrar o sábado 25 de xuño

 

A concellería de cultura do Concello de Tui conmemorará o CXX aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcan un singular fito na historia de Galicia, ao seren o primeiro acto público celebrado íntegramente na nosa lingua.

O programa destes actos comezará o venres 24  cun recital poético a celebrar ás 20,30 horas na Igrexa de San Domingos e que contará cun recital poético, no que participará, entre outros, o poeta Alfonso Pexegueiro e no que se realizará a lectura de poemas do libro “A cidade sen roupa ao sol”, de Marga do Val, en recoñecemento ao seu recente premio da critica, e contará coa actuación musical dos tudenses Fofinski & the Chinaski.

O programa continuará o sábado ás 22,00 horas no Parador de Turismo “San Telmo” que recuperá logo de cento vinte anos o menú ofrecido como acto de calusura dos Xogos Florais. Trátase dunha ampla carta, propia dos banquetes burgueses daquela época, que recupera este anaco da nosa cultura, neste caso gastronómica,

Xogos Florais

Estes actos rememoran a celebración na nosa cidade o 24 de xuño de 1891 dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público realizado íntegramente na nosa lingua, e que organizados pola Asamblea Rexionalista Galega premiaban composicións en galego e castelán de diversos xéneros, como no caso tudense, a poesía. O primeiro presidente da institución, Manuel Murguía converteríase aquel día no primeiro intelectual en dirixirse ao público en galego, lendo un discurso que constitúe un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador sinalando que o principal obxectivo era "o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia".

Na cidade de Tui unha Xunta Rexionalista integrada por Manuel Fernández de Herva, como presidente,  xunto a Eduardo Caballero Canals, o coengo Antonino Cerviño González, Juan Areses Alonso, o tamén coengo Manuel Lago González, Juan Ávarez Cordero, Indalecio Rodríguez de Córdoba, Justo Salvador Fortes, Leoncio Comesaña González, Vicente García Rivera e Martín Díaz Spuch, organizaron, como representantes do Consistorio dos Xogos un amplo programa que supuxo incluso o traslado das festas patronais de San Telmo. Do amplo programa desenvolvido salienta o propio acto dos Xogos, xunto a un concurso de gaiteiros, un banquete “rexionalista” ou a función solemene de San Telmo na Catedral tudense coa actuación da orquestra catedralicia dixirxa polo mestre Manuel Martínez Posse.

 

Banquete dos Xogos Florais

A vella cidade de Tui recuperou no pasado ano a celebración do “banquete rexionalista” que tivo lugar na nosa cidade o 26 de xuño de 1891 como remate daquel acontecemento cultural.

Gracias a unha iniciativa conxunta do Parador de Turismo “San Telmo” e a Concellería de Cultura do Concello tudense pódese recuperar este banquete en homenaxe á cultura e a lingua galega que tivo lugar no Teatro Principal tudense como acto de clausura dos Xogos Florais de Galicia o 26 de xuño de 1891. Naquel banquete participaron sesenta personas e tomaron a palabra, entre outras personalidades, Enrique Lens, o poeta tudense Díaz Spuch, Manuel Lago González, Salvador Cabeza de León, o presidente da Xunta Rexionalista de Tui, Manuel Fernández Herba, xunto con Alfredo Brañas e, finalmente, Manuel Murguía.

Desta volta o 25 de xuño ás 22,00 horas coa iniciativa do Parador de Turismo “San Telmo” Tui acollerá de novo este banquete en homenaxe á cultura e á língua galega, recuperando integramente a carta daquel acto de 1891. En concreto o menu foi, e será de novo, o seguinte:

            - sopa fina

            - raxo con cogordos

            - salmón á alicantina

            - polos salteados

            - langosta á rusa

            - pastel de pichós

            - filetes á xardineira

            - helados

            - pavo con cogordos

            - budin con ron

            - pastelón á inglesa

Todo acompañado con “viño vello da terriña”, “xerés”, “campagne” e para rematar “puros da Habana”.

As personas interesadas en participar neste banquete, que será servido na modalidade de “bouffet libre”, poden retirar o correspondente convite no Parador de Turismo de Tui a un prezo de 39,00 euros, xa personalmente ou realizar a reserva a través do teléfono 986.600.300 ou do correo electrónico: tui@parador.es