Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui colabora na realización do “I Torneo de Kaiak Polo Virxe da Rocha”

5/08/2015

 

A competición amigable terá lugar ás 9h. deste sábado 8 de agosto, na lagoa de Caldelas de Tui

Mércores, 5 de agosto de 2015. Este sábado 8 de agosto, na lagoa de Caldelas de Tui, terá lugar o "I Torneo de Kaiak Polo Virxe da Rocha", de carácter amigable, organizado pola sección feminina de kaiak polo do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui.

A día de hoxe aínda están abertas as inscricións. Na competición participarán os equipos Xuvenil de As Pontes, Combarro, Rodeira de Cangas, Piraguamadrid de Madrid (feminino), e os equipos do Club organizador, Penedo A (feminino) e Penedo B de Tui.

O torneo empezará ás 09.00 horas, tendo prevista a entrega de trofeos a partir das 19.00 horas.