Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui apoiará aos deportistas tudenses que participen en competicións internacionais cun total de 15.000€

31/03/2026

As solicitudes poden presentarse por sede electrónica até o 16 de outubro

O Concello de Tui apoiará un ano máis ás e aos deportistas que neste ano 2026 participen en competicións federadas de ámbito internacional. O pasado xoves publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o extracto das bases reguladoras para a concesión destas becas.

Os e as deportistas tudenses terán de prazo ata o 16 de outubro para presentar a solicitude, a través de sede electrónica do Concello de Tui. As bases e o formulario de inscrición está accesibles na web municipal www.tui.gal

Este ano o Concello de Tui mantén a partida de 15.000€ para estas becas. O obxectivo é facilitar a práctica deportiva e a participación nas competicións internacionais dos e das deportistas tudenses valorando a súa especial dedicación ao deporte e, á súa vez, á difusión que realizan da Cidade de Tui naqueles eventos deportivos de carácter internacional.

No ano 2025 foron nove deportistas tudenses becados, as padeeiras Lara Feijóo, Tania Fernández e Nuria Romero, os padeeiros Iván Alonso, Matías Valentín Otero, e Manuel Garrido, as remeiras Carlota González e Vera Álvarez e o remeiro Jesús González.

Bases das Becas ás e aos Deportistas Tudenses 2026