Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui apoia aos deportistas tudenses de alto nivel coa convocatoria de becas

18/10/2016


O Boletín Oficial de Pontevedra publicou hoxe as bases reguladoras das becas aos deportistas de alto nivel tudenses, que este ano contarán cun presuposto de 15.000€, e que pretenden facilitar aos deportistas tudenses de elite a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de alto nivel, valorando así a súa especial dedicación ao deporte e á súa vez á difusión que realizan da cidade de Tui en aqueles eventos deportivos de carácter nacional ou internacional.

Para acceder a estas becas, será necesario ser deportista federado de alto nivel galego ou nacional, maior de 16 anos, estar empadroado no Concello de Tui e ter participado en competicións de carácter oficial, nacional ou internacional, segundo o cadro de baremación das bases.

O prazo de presentación das solicitudes será de dez días hábiles dende a publicación da convocatoria no BOP, entregando toda a documentación solicitada por rexistro de entrada na secretaría do Concello de Tui. A información das bases e os formularios de solicitude pódense recoller na mesma secretaría do concello ou descargarlas na paxina web municipal.

Documentos:

Bases

Modelo solicitude

Modelo xustificación

Modelo memoria de actividades

Modelo memoria económica

Conta xustificativa

Relación provisional de solicitudes

Beneficiarios que percibirán as becas aos deportistas Tudenses de alto nivel 2016