Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui apoia aos deportistas internacionais coa convocatoria de bolsas anuais

30/10/2023

Hoxe sae publicado no BOPPO un extracto das bases da convocatoria das bolsas

O Concello de Tui amosa anualmente o seu apoio á práctica deportiva de alto nivel coa convocatoria de bolsas dirixidas aos e ás deportistas que neste ano teñen participado en competicións federadas de ámbito internacional. Hoxe luns, 30 de outubro, vén publicado no BOPPO o extracto das bases reguladoras para a concesión destas bolsas.

O Concello de Tui segue destinando unha partida de 10.000€ a esta finalidade, co obxectivo de facilitar a estes e estas deportistas a práctica deportiva e a súa participación nas competicións internacionais. Deste xeito valórase a súa especial dedicación ao deporte e, á súa vez, á difusión que realizan da Cidade de Tui naqueles eventos deportivos de carácter internacional.

As e os deportistas tudenses terán un prazo de dez días hábiles, contados a partir de mañá, para presentar a solicitude e a documentación indicada nas bases, a través de sede electrónica do Concello de Tui.

No ano 2022 foron once os deportistas tudenses que obtiveron as bolsas, as padeeiras Lara Feijóo, Cristina Soutelo e Lucía Soutelo, os padeeiros Iván Alonso, Pedro Vázquez, Sebastián Delgado, Matías Valentín Otero e Manuel Garrido, a remeira Carlota González, o remeiro Jesús González e o judoca Avelino Martínez.

Bases Bolsas a deportistas Tudenses 2023

Solicitude Bolsas a deportistas Tudenses 2023