Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui amosa a súa consternación polo tráxico accidente desta mañá na Guarda no que faleceu un ciclista

12/03/2016


O Concello de Tui amosa a súa consternación polo tráxico accidente rexistrado esta mañá na Guarda no que faleceu un ciclista e varios resultaron feridos, algúns deles de gravidade. Dende o Concello de Tui quérese transmitir as condolencias á familia da vítima, e desexar unha rápida recuperación aos feridos.


Mañá celébrase en Tui a Transgalacia de BTT, tanto dende o Concello coma dende a Federación Galega de Ciclismo , Team Relay e o Club Ciclista de la Fuente, decidiuse manter a proba, que será unha homenaxe as vítimas desta traxedia. Antes do comezo gardarase un minuto de silencio.