Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello conmemora o vindeiro lúns 5 de abril o centenario da festa da árbore

31/03/2010

O CONCELLO DE TUI CONMEMORARA O LUNS 5 DE ABRIL O CENTENARIO DA "FESTA DA ÁRBORE"

 

Martes, 30 de marzo de 2010. O 5 de abril de 1910 a cidade de Tui foi escenario da celebración, por vez primeira en Galicia, da "Festa da árbore", promovida a nosa cidade polo enxeñeiro de montes Rafael Areses Vidal. O Concello de Tui non quere esquecer este centenario que sinala a importancia que tivo Tui a e actividades desenvolvida polo tudense Rafael Areses na promoción da reforestación de Galicia e no respecto ao medio ambiente como un elemento básico para a educación e o progreso de Galicia.

 

Con tal motivo o vindeiro luns, 5 de abril, a partir das 11,30 horas desenvolvérase un programa de actos que abrangue as seguintes actividades:

 

  • Ás 11,30 h.: Visita guiada polas arbores senlleiras dos xardíns e alameda (inicio na Glorieta de Vigo
  • Ás 12,30 h.: Charla no Museo Municipal (antigo convento de San Domingos) sobre o primeiro centenario da "Festa da arbore" en Tui.
  • Ás 13,00 h.: Acto institucional na Alameda

-          Descubrimento placa conmemorativa

-          Discurso Alcalde

-          Plantación dunha árbore

 

Ao remate do acto institucional, e grazas a colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, agasallarase a todas as persoas presentes cunha árbore, dispondo de ata 500 pezas para a súa distribución, en concreto das seguintes especies: "Quercus robur", Betula celtiberica e Prunus avium.

 

Para o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, a feliz circunstancia de que esta conmemoración teña lugar no decurso das festas patronais de San Pedro González Telmo é unha magnifica oportunidade para que moitos máis tudenses poidan participar na celebración deste centenario que enriquece, pola súa parte, o programa de festexos. Moisés Rodríguez anima a todos os veciños a participar neste acto que testemuña o importante papel que desenvolveu Tui, nos primeiros anos do século XX, na promoción da reforestación, do desenvolvemento sustenble dos nosos montes. Froita desta actividade é amais desta festa da árbore, o viveiro forestal de Áreas ou o parque natural do Monte Aloia, creado grazas ao traballo de Rafael Areses Vidal.

 

A Festa da Árbore celebrada en Tui o 5 de abril de 1910 desenvolveuse tamén na Alameda tudense, e na mesma participaron as autoridades locais, o bispo de Tui e o novo bispo de Osma, o tudense Manuel Lago González, que recibira a ordenación episcopal na catedral tudense o día anterior. Coa participación dos alumnos dos centros escolares tudenses foron plantados naquela xornada na Alameda e lugares próximos mais de 300 árbores fornecidas pólo Viveiro Forestal de Áreas creado en 1908.