Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello celebrará na primeira fin de semana de setembro unha nova edición das Xornadas Europeas da Cultura Xudía

19/08/2011

 

O CONCELLO DE TUI CELEBRARA NA PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO UNHA NOVA EDICIÒN DAS XORNADAS EUROPEAS DE CULTURA XUDÍA

 

Venres, 19 de agosto de 2011. A Concellería de Cultura do Concello de Tui celebrará entre o 2 e o 4 de setembro unha nova edición das “Xornadas Europeas de Cultura Xudía” que nesa mesma fin de semana celébrase en toda Europa para resaltar a achega do patrimonio xudeu á cultura común dos pobos e europea.

 

O programa que está ultimando o departamento de cultura tudense, que se presentará en próximas datas, abrangue as clásicas visitas guiadas aos testemuños da presenza dos xudeus no conxunto monumental tudense a celebrar o sábado 3 e o domingo 4 de setembro en horario de maña.  Se completa o programa cunha exposición, a celebrar na Catedral de Tui,  sobre alongada vivencia da comunidade xudía na nosa cidade e, finalmente, como novidade haberá un xantar o sábado 3 de setembro que organiza este Concello conxuntamente coa Asociación Galega de Amizade con Israel.

 

Este “Sehudat Shabat” (xantar do sábado) terá lugar no Parador de Turismo “San Telmo” de Tui, e contará cun menú típico da cultura xudía:

-         

Ensalada de Cogombro en Vinagre de Sidra e Mel de Acacia

-         

Surtido de Queixos e Cecina

-         

Filetes de Salmón ao fiúncho con Arroz e Froitos Secos

-         

Mazá Asada con Mel e Peixes Amendoados

-         

Pan: de Bola, de Pasas e Noces

-         

Bebidas: Cervexas, Refrescos, Mosto sefardí, Augas Minerais, Viño Branco (DO Rias Baixas ) e Tinto ( DO Rioja )

-         

Café e Licores

 

O prezo é de 35€ por persoa a ingresar ata o 26 na agosto na conta da Asociación: NOVACAIXAGALICIA: 2091 0518 57 3040025495  ou reservar ata o 1 de setembro na recepción do Parador: 986 600 300.

 

Vanesa Rodríguez Pereira, concelleira de cultura do Concello de Tui, lembra o éxito acadado nas edicións anteriores destas xornadas que teñen posibilitado que numerosos veciños e forasteiros poidan achegarse ao coñecemento da achega xudía á historia bimilenaria da nosa cidade. Xa é a quinta edición destas Xornadas, que a nivel de España coordina a Red de Juderías, organismo ao que o Concello de Tui ten solicitada a súa adhesión.