Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O concelleiro de deportes de Tui visita ós remeiros que participarán no Campionato do Mundo de Remo Máster

9/09/2015

Mércores, 9 de setembro de 2015. Dende mañá e ata o 13 de setembro, disputarase na cidade Belga de Hazewinkel, o Campionato do Mundo Máster de Remo, onde o Club Remo MiñoTui competirá cun total de oito embarcacións e dezasete remeiros/as.

Así llelo explicaron os integrantes da expedición ó concelleiro de deportes de Tui, Laureano Alonso, quen lles acompañou nas últimas horas na nosa cidade, antes de partir rumba á cidade Belga.

Na mañá do luns saíron as embarcacións e na madrugada do mércores será a expedición tudense, formada por dezaseis remeiros e remeiras e trece acompañantes, a que inicie este viaxe co ánimo de representar a nosa cidade neste campionato máster.

O Concello de Tui deséxalle moita sorte ós remeiros e remeiras máster que participarán neste campionato, así como ós padeeiros do Club Kayak Tudense, Iván Alonso, Óscar Graña, Ramón Ferro e Quique Míguez, na súa participación no Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo, que se disputará esta fin de semana na localidade húngara de Györ.