Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Club de Lectura “Tempo de Mulleres” retoma a súa actividade o 1 de marzo

22/02/2024

As persoas interesadas poden inscribirse correo electrónico biblioteca@tui.gal ou no teléfono 617 498 103

O Club de Lectura Feminista “Tempo de Mulleres” retoma a súa actividade o próximo venres 1 de marzo, ás 19 h, no edificio Francisco Sánchez. Impulsado pola concellería de Igualdade conta coa  colaboración da Asociación de Mulleres Feministas Berra e da Biblioteca Municipal. Reunirase mensualmente para compartir a lectura e análise de obras escritas por mulleres dende unha perspectiva de xénero. A data da reunión acordarase entre todas as mulleres participantes.

O Club, esta nova temporada, será dinamizado por Cristina Fernández Ameal, feminista, mestra e bibliotecaria xubilada, e lectora insaciable Ofértanse quince prazas. As persoas interesadas deben inscribirse no correo electrónico biblioteca@tui.gal ou no teléfono 617 498 103.

O Club de Lectura “Tempo de Mulleres” será un espazo onde explorar, analizar, e mergullarse nas obras de diversas autoras tanto clásicas coma contemporáneas. Cada mes proporase a lectura dunha obra literaria para logo compartir reflexións, analizar as personaxes femininas, desenvolver un pensamento crítico e compartir a paixón pola lectura.