Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Centro Municipal de Formación acollerá un curso de Manipulador de Alimentos e APPCC

4/11/2022

A inscrición está aberta até o 15 de novembro. Impartirase o xoves 17 e o venres 18 de novembro de 9 a 14 h. 

O xoves 17 e o venres 18 de novembro, de 9 a 14 h , terá lugar no Centro Municipal de Formación un curso de Manipulación de Alimentos e APPCC, Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico, de 10 horas lectivas. 

As pesoas interesadas deben ter 16 ou máis anos, non ter ningunha condición física ou psíquica que impida o normal desenvolvemento da acción formativa nos dous módulos que a compoñen e estar empadroado/a no Concello de Tui.

A solicitude deben presentarse até o martes 15 de novembro de 2022 o xunto a copia do DNI polas dúas caras e a tarxeta de emprego