Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Centro Municipal de Formación acolle hoxe o proceso de selección do persoal para a nova tenda de PEPCO en Tui

27/03/2023

O Centro Municipal de Formación, en Guillarei, acolle hoxe luns o proceso de selección do persoal para a nova tenda da empresa PEPCO en Tui. En concreto a cadea internacional de orixe polaca abrirá un novo establecemento de case 800 metros cadrados no Centro Comercial Outlet en Tui logo da Semana Santa.

Ao longo do día de hoxe o Store Manager da nova tenda, Jacobo Freire xunto a Sonia Álvarez, responsable na tenda PEPCO no centro comercial Travesía de Vigo, están a realizar as entrevistas ás e aos candidatos, nun proceso realizado en colaboración co Concello de Tui e coa Oficina de Emprego de Tui. 

En concreto dende o departamento de Formación  e Emprego facilitaron os currículos das persoas inscritas na Bolsa Municipal de Emprego  e tamén no Programa Integrado de Emprego que se está a realizar no municipio. A concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, achegouse até o Centro de Formación para coñecer de primeira man cos responsables de PEPCO os plans de negocio da empresa na cidade. Do proceso selectivo que se realiza no día de hoxe saíran as 12 persoas que van ser contratadas que se sumarán aos 3 postos de encargados de quenda que están xa seleccionados. 
Jacobo Freire, store manager avanzou coma a de Tui será a terceira tenda que teñan no sur da provincia, sumándose as que xa están en funcionamento en Vigo e Nigrán, sendo a de Tui unha PEPCO Plus, xa que ofrecerá dende alimentación, a produtos de fogar, moda ou produtos para mascotas.