Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Centro Dramático Galego presenta en Tui "A piragua" o xoves 31 ás 21 h. e o venres 1 ás 22h.

29/05/2007

Haberá dúas representacións o xoves 31 ás 21h, e o venres 1 ás 22hO Centro Dramático Galego presenta en Tui “A piragua”A obra está escrita e dirixida por Cándido Pazó O Centro Dramático Galego presenta esta semana no Teatro Municipal de Tui a súa última montaxe “A piragua”,unha obra escrita e dirixida por Cándido Pazó. Haberá dobre función o xoves 31 de maio ás 21h, e o venres 1 de xuño ás 22h. “A Piragua”, a terceira produción da temporada 2006/2007 do CDG, foi estreada o pasado 13 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela.  A obra centra a súa historia nunha comunidade de propietarios que se divide ante unha cuestión É lícito aparcar unha piragua nunha praza de garaxe?.  A partir de aí o texto ofrécenos o día a día dos veciños, para chegar dende a anécdota da piragua ao tema central do texto coma é a violencia de xénero, ate o  caso que se está a producir nun dos pisos.  Esta montaxe está protagonizada por Xosé Manuel Olveira “Pico”, Susana Dans, Iolanda Muíños, Marcos Orsi, César Goldi, Ricardo de Barreiro, e Marián Bañobre.  As entradas poranse á venda cada día de función, xoves e venres, ás 16.30h ao prezo de 4,5€,  3,5 € con desconto e 2,5€ para os menores de 12 anos.   Esta representación está patrocinada pola Fundación Caixa Galicia. O Centro Dramático Galego con “A Piragua”Data:  Xoves 31 de maio ás 21h             Venres 1 ás 22 hLugar: Teatro Municipal de TuiVenda de localidades:cada día de función dende ás 16.30hPrezo das entradas: 4,5€, 3,5€ con desconto e 2,5€ os menores de 12 anosPatrocina: Fundación Caixa Galicia