Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Cemiterio Municipal preparado para a celebración de Todos os Santos

31/10/2022

O Concello de Tui leva a cabo todos os anos labores de acondicionamento, que este ano se viron complicadas polas condicións meteorolóxicas

Como cada ano, con motivo da celebración do Día de Todos os Santos, o Concello de Tui acondiciona o cemiterio municipal, un lugar que nestes días recibe a familiares, amizades e visitantes.

Así, os traballos de acondicionamento consistiron na limpeza de nichos e tumbas, na colocación de flores e no saneamento dos camiños de terra. Porén, este ano as actuacións de limpeza víronse afectadas polas adversas condición meteorolóxicas, con choiva e vento que imposibilitaron a normal realización dos traballos.

Asemade, o Concello de Tui colocou flores nos nichos en terra do cemiterio municipal que non tiveran aínda ningún tipo de ornamentación.

Tras dous anos de restricións pola pandemia, con quendas de visitas e distancia de seguridade, os actos do día de mañá desenvolveranse xa con normalidade. Así o cemiterio municipal de Tui recibirá mañá a miles de persoas que se achegan ao camposanto para recordar aos seus seres queridos nunha data tan significativa.