Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Campus de Fútbol Sala Antonio Martín disputarase en Tui entre o 18 e o 29 de xullo

18/06/2016


O fútbol sala no noso concello está crecendo ano a ano co traballo dos clubs locais, C.D. Tui Fútbol Sala, A Quinta de Tui F.S. e o Randufe Futsal, que adestran a máis de 150 xogadores e xogadoras nas distintas categorías.


Por isto e co obxectivo de seguir promocionando esta modalidade deportiva entre a poboación tudense, este ano organízase o "I Campus de Fútbol Sala Antonio Martín", que se desenvolverá de luns a venres entre os días 18 e 29 de xullo, de 10.00 a 13.30 horas, nas instalacións deportivas do IES San Paio de Tui.


A organización corre a cargo dos citados clubs locais e coa dirección de Antonio Martín "Toñín", ex-xogador de fútbol sala da división de honra nacional durante doce anos, quen foi xogador da selección española no Mundial de Praga, diplomado en educación física e especial, así como adestrador de fútbol sala en equipos de división de honra. No mesmo colabora o Concello de Tui.


O Campus vai dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2003 e 2010, sendo o prezo do mesmo de 40€, no que se inclúe adestramentos individualizados, tanto de iniciación como de perfeccionamento, camiseta oficial do campus, marca Joma, froita e auga a media mañá, sorteo de regalos ao remate do campus, adestramento con xogadores de fútbol sala de primeiro nivel, entrada gratuíta na piscina municipal os días planificados, e seguro de accidentes.


Todos os interesados no campus poden pedir máis información o inscribirse a través do enderezo electrónica campusfstui@gmail.com o nos números de teléfono 628.006.383 ou no 627.050.920. As prazas estarán limitadas a 60 participantes.