Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Campionato Galego de Patinaxe de Grupos Show Xuvenís e Cuartetos se disputará en Tui o sábado 24

15/02/2018

O CPA Ribex competirá este sábado no Campionato Galego de Patinaxe de Grupos Show Sénior onde buscarán a clasificación para o Campionato de España

O CPA Ribex de Tui, nas próximas datas, ten dúas citas moi importantes no seu calendario desta tempada, onde se xogan a maior parte dos seus obxectivos deste ano 2018.

Así, este sábado 17, o grupo show sénior buscará a súa clasificación para o Campionato de España, no Campionato Galego de grupos show, que se celebrará no pavillón Santa Isabel de Santiago de Compostela.

E o sábado 24,  a cita será co Campionato Galego de Grupos Show Xuvenís e Cuartetos, que se celebrará no novo pavillón deportivo municipal de Tui, dende as 17.30 horas, organizado polo propio CPA Ribex, en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Tui.

Dende as 10.30 ata as 14.00 horas, os clubs participantes realizarán os adestramentos, a razón de 15 minutos por cada club. A competición iniciará ás 17.30 horas, coa categoría grupos xuvenil, e ás 19.05 coa de cuartetos.

O custe da entrada para este campionato será de 5€, sendo gratuíta para os menores de 7 anos.